A sala dos naufraxios, aberta dentro do Museo de Man de Camelle, é a memoria viva do mar e da Costa da Morte: dos fondos mariños, do traballo dos mariñeiros, dos naufraxios e do labor da estación de salvamento. Afondamos no labor desta estación, fundada hai 125 anos, que foi punto de organización de rescate, centro de recepción dos tripulantes dos barcos afundidos e escola de mergulladores. En conversa co historiador naval Fernando Patricio Cortizo e con Manuel Suárez Pose, home do mar e maquetista, para repasar algúns dos grandes naufraxios, como o do City of Agra e o do HMS Serpent.