Esta serie podcast foi financiada polo INAEM, Ministerio de Cultura e Deporte cos fondos da Unión Europea-Next Generation. MQVS son dez cápsulas sonoras que recollen experiencias de mulleres diversas en xeración e percorido vital. Hai quen leva máis de trinta anos vivindo soa e hai quen leva pouco tempo. Hai quen o tivo sempre moi claro e hai a quen lle custou tomar esa decisión. Para algunhas foi un paso decidido e consciente que era indispensable para construírse dende a liberdade e a independencia, para outras foi un paso imprevisto que se converteu nunha aprend...